Quantcast
Channel: As escollas da memoria » asescollaselectivas
Viewing all articles
Browse latest Browse all 2

Rosalía de Castro. Cantares gallegos

$
0
0

Apuntes biográficos

Según algunhas fontes, Rosalía de Castro naceu ás catro da madrugada do día 24 de febreiro de 1837, nunha casa desaparecida no Camiño Novo da capital galega, perto do que hoxe é a Praza de Vigo. Foi bautizada ás poucas horas na capela do Hospital Real, cos nomes de María Rosalía Rita, de pais descoñecidos.

Os primeiros anos pasounos en Castro de Ortoño, fíxose cargo dela a súa nai, Teresa de Castro, en Padrón. Rosalía viviu en Padrón coa súa nai, e ambas trasladaronse para Santiago, onde cursou os seus primeiros estudios, e amosou aptitudes para o debuxo, a música, o teatro e para versificar.

Neses primeiros anos de mocidade entablou amizade cos poetas Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre, sendo Aguirre un dos autores que máis influiron na primeira escrita da autora.

En 1856 Rosalía trasládase a Madrid, onde vive cunha parenta. Ahí publica a súa primeira obra en español La flor.

Para consultar máis datos da biografía da autora, deixamos aquí o enlace a Galipelia.

RosaliadeCastro01

A autora na rede

Fundación Rosalía de Castro

A autora na Galipedia

A autora na RAG

A autora na BVG

Grupo de Investigación Rosalía de Castro

A autora no Álbum de mulleres de Culturagalega.org

En Autoresgalegos.org

Escolma poética

Cantares Gallegos

A Fernan Caballero.

Señora: Por ser muger y autora de unas novelas hácia las cuales siento la mas profunda simpatia, dedico á V. este pequeño libro. Sirva él, para demostrar á la autora de la GAVIOTA y de CLEMENCIA, el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algun tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones, con que se pretende manchar mi pais.

Santiago, 17 de mayo de 1863.

ROSALIA CASTRO DE MURGUIA.

     Grande atrevemento é sin duda par’ un probe inxenio com’ ó que me cadrou en sorte, dar á luz un libro, cuyas páxinas debian estar cheyas de sol, d’ armonia, e d’ aquela naturalidade que unida á un-ha fonda ternura, á un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman á mayor belleza d’ os nosos cantos populares. A poesia gallega toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros, e doces sonrisiñas, mormuxando un-has veces c’os ventos misteriosos d’ os bosques, briland’ outras c’ ó rayo de sol que cai sereniño por enriba d’ as auguas d’ un rio farto e grave, que corre baixo as ramas d’ os salgueiros en frol, compriálle para ser cantada, un sprito subrime e cristaiño si asi ó podemos decir, un-ha inspiracion fecunda, com’ á vexetacion que hermosea esta nosa privilexiada terra e sobre todo un sentimento delicado e penetrante prá dar á conocer tantas bellezas de pirmeiro orden, tanto fuxitivo rayo d’ hermosura, como se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado á este pobo á quen moitos chaman estúpido, e á quen quisais xuzguen insensibre, estraño a devina poesia. Mais naide ten menos qu’eu teño, as grandes cualidades que son precisas prá levar á cabo obra tan dificile, anque naide tampouco se pudo achar animado d’un mais bon deseo, prá cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso, que queren facer barbaro, os que non saben que aventaxa âs demais linguas en doçura e armonia. Por esto, inda achándome debil en forzas, e nabendo deprendido en mais escola qu’ á d’ os nosos probes aldeans, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan doçemente resoaron nos meus oidos desd’ á cuna, e que foran recollidos po-lo meu corazon como harencia propia, atrevinme á escribir estos cantares, esforzándome en dar á conocer como algun-has d’ as nosas poeticas costumes, inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e com’ ó noso dialecto doce e sonoro, é tan aproposito com’ ó pirmeiro, para toda clase de versificacion.

As miñas forzas é certo quedaron moito mais abaixo d’ ó que alcançaran os meus deseyos, e por eso comprendendo canto poidera facer nesto un gran poeta, dóyome inda mais da miña insuficença. Ó libro d’ os Cantares de D. Antonio Trueba, que m’ inspirara e der’ alento prá levar á cabo este traballo, pasa pó-Io meu pensamento com’ un-hun remorso, e casi asoman as vagoas ôs meus ollos ô pensar como Galicia se levantaria hastr’ó lugar que lle corresponde, si un poeta como Anton ó d’ os Cantares, fose o destinado prá dar á conocer as suas bellezas e ás suas costumes. Mais á míña infeliz patria, tan desventurada nesto como en todo ó mais, tense que contentar c’ un-has páxinas frias e insulsas, qu’ á penas serian dinas d’ achegarse de lonxe âs portas dó Parnaso, como non fosse pó-lo nobre sentimento c’ as creou. Qu’ esto mesmo me sirva de disculpa, prá os que xustamente quirtiquen as miñas faltas, pois penso que ó que s’ esforça por desvanecer os errores que manchan e ofenden inxustamente á sua patria, é acreedore á algun-ha indulxencia.

Cantos, vagoas, queixas, sospiros, serans, romerias, paisaxes, debesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, tod’ aquelo en fin que pó-la sua forma e colorido e dino de ser cantado, todo ó que tuvo un eco, un-ha voz, un runxido por leve que fosse, que chegase á conmoverme, tod’ esto m’ atrevin á cantar neste homilde libro prá desir un-ha vez siquera, y anque sea torpemente, ôs que sin razon nin conocement’ algun nos despreçan, qu’ a nosa terra é dina d’ alabanzas, e qu’ a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nás mais ilustradisimas províncias, c’ un-ha risa de mofa, qu’ á desir verdade (por mais qu’ esta sea dura), demostra á iñorancia mais crasa y á mais imperdoable inxusticia, que pode facer un-ha provincia á outra provincia hirman por probe qu’ esta sea. Mais he aqui qu’ ó mais triste nesta cuestion, é á falsedade con que fora d’ aqui pintan así ôs fillos de Galicia com’ á Galicia mesma, á quen xeneralmente xuzgan ó mais despreciable e feyo d’ España, cando acaso sea ó mais hermoso e dino d’ alabanza.

Non quero ferír con esto á susceptibilidade de naide, anque á decir verdade, ben poidera perdonarsell’ este pequeno desafogo á quen tan ferida foy de todos. Mais eu qu’ atravesei repetidas veces aquelas soledades de Castilla, que dan idea d’ ó deserto; eu que recorrin á feraz Estremadura y á estensa Mancha, dond’ ó sol cai á plomo alomeando monotonos campos, dond’ ó cor d’ á palla seca prest’ un tono cansado ô paisaxe que rinde e entristece ó esprito, sin un-ha herbiña que distraya á mirada que vai perderse nun ceo sin nubes, tan igual e tan cansado com’ á terra que crobe; eu que visitei os celebrados arredores d’ Alicante dond’ os olivos, có seu verd’ escuro, sembrados en fila e de raro en raro parecen chorar de verse tan solitarios, e vin aquela famosa horta de Murcia, tan nomeada, e tan alabada, e que, cansada e monotona com’ ó resto d’ aquel paise, amostra á sua vexetacion tal como paisaxes pintados nún carton con árbores postos simetricamente y en carreiriños para divertision d’ os nenos, eu non podo menos d’ indignarme cand’ os fillos d’ esas provincias que Dios favoreceu en fartura, pero non ná belleza d’ os campos, bulranse d’ esta Galicia competidora en clima e galanura c’os paises mais encantadores da terra, esta Galicia donde todo é espontaneo na natureza y en donde á man do home, cede o seu posto á man de Dios.

Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos azues e serenos com’ os d’ Italia, horizontes nubrados e malenconicos anque sempre hermosos com’ os tan alabados da Suiza, ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos qu’ aterran e adimiran po-la sua xigantesca e xorda cólera… mares imensos… que direi mais? non hay pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en tóda-las estacions de herviñas e de frores, os montes cheyos de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes y os torrentes derramándose fervedores e cristaiños, bran e inverno, xa po-los risoños campos, xa en profundas e sombrisas ondanadas… Galicia é sempre un xardin donde se respiran aromas puros, frescura e poesia… E á pesar d’ esto chega á tanto á fatuidade d’ os iñorantes, á tanto á indina preocupacion que contra á nosa terra existe, qu’ inda os mesmos que poideron contemprar tanta hermosura (xa non falamos d’ os que se bulran de nos sin que xamais nos hayan visto nin ainda de lonxe, que son os mais) inda os que penetraron en Galicia e gozaron d’ as delicias qu’ ofrece, atreveronse á decir que Galicia era… un cortello inmundo!!… Y estos eran quisais fillos… de aquelas terras abrasadas d’ onde hastra os paxariños foxen!… que diremos á esto? Nada mais sinon, que taes fatuidades, respecto do noso pais, teñen algun-ha comparanza c’ as d’ os franceses ô falar d’ as suas eternas vitorias ganadas ôs españoles. España, nunca, nunca os venceu, po-lo contrario sempre saleu vencida, derrotada, homillada, e ó mais triste d’ esto é que vale antr’ eles tan infame mentira, así como vale prá á seca Castilla, prá á deserta Mancha e prá tóda-las demais provincias d’ España, —ningun-ha comparada en verdadeira belleza de paisaxe, có á nosa,— que Galicia é ó rincon mais despreciable da terra. Ben din que todo neste mundo está compensado, e ven asi á sofrir España d’ un-ha nacion veciña que sempre á ofendeu á misma inxusticia qu’ ela, inda mais culpabre, comete c’ un-ha provincia homillada de quen nunca s’ acorda, como non sea prá homillala índa mais. Moito sinto as inxusticias con que nos favorecen os franceses, pró neste momento casi lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerlle mais palpabre á España á inxusticia qu’ ela á sua vez conosco comete.

Foy este ó movil principal que m’ impeleu á pubricar este libro, que mais que nadie, conoço que necesita á indulxencia de todos. Sin gramatica, nin regras de ningun-ha clás, ó lector topará moitas veces faltas d’ ortografia, xiros que disoarán ôs oidos d’ un purista, pró ô menos, e prá disculpar en algo estes defectos, puxen o mayor coidado, en reprodusir ó verdadeiro esprito d’ ó noso pobo, e penso qu’ ó conseguin en algo… si ben de un-ha maneira débil e froxa. ¡Queira ó ceo qu’ outro mais afertunado qu’ eu, poida describir c’ ó seus cores verdadeiros, os cuadros encantadores que por aquí s’ atopan, inda no rincon mais escondído e olvidado! prá qu’ asi ô menos en fama, xa que non en proveito, gane e se vexa c’ o respeto e adimiracion merecidas esta infortunada Galicia.

1

As de cantar
Que ch’ ei de dar zonchos;
As de cantar
Que ch’ ei de dar moitos.

I.

«As de cantar
Meniña gaiteira,
As de cantar
Que me morro de pena

Canta meniña
Na veira da fonte,
Canta dareiche
Boliños do pote.

Canta meniña
Con brando compas,
Dareich’ unha proya
Da pedra do lar.

Papiñas con leite
Tamén che darei,
Sopiñas con viño,
Torrexas con mel.

Patacas asadas
Con sal é vinagre,
Que saben á noces,
¡Que ricas que saben!

¡Que feira, rapaza,
Si cantas faremos!…
Festiña por fora,
Festiña por dentro.

Canta si queres,
Rapaza do demo,
Canta si queres,
Dareich’ un mantelo.

Canta si queres
Na lengua qu’ eu falo,
Dareich’ un mantelo.
Dareich’ un refaixo.

Có son da gaitiña,
Có son da pandeira,
Che pido que cantes
Rapaza morena.

Có son da gaitiña,
Có son do tambor,
Che pido que cantes
Meniña por Dios.”

II.

Asi mó pediron
Na veira do mar,
A ó pé das ondiñas
Que veñen e van.

Asi mó pediron
Na veira do rio
Que corr’ antr’ as erbas
Do campo frorido.

Cantaban os grilos,
Os galos cantaban,
O vento antr’ as follas
Runxindo pasaba.

Campaban os prados,
Manaban as fontes,
Antr’ erbas e viñas
Figueiras e robres.

Tocaban as gaitas
O son das pandeiras,
Bailaban os mozos
Cás mozas modestas.

Que cofias tan brancas!
Que panos con freco!…
Que dengues de grana!
Que sintas! que adresos!

Que ricos mandiles,
Que verdes refaixos…
Que feitos xustillos
De cór colorado!

Tan vivos colores
A vista trubaban,
De velos tan vareos
O sol se folgaba.

De velos bulindo
Por montes e veigas,
Coidou qu’ eran rosas
Garridas e frescas.

III.

Lugar mais hermoso
Non houbo na terra
Qu’ aquel qu’ eu miraba,
Qu’ aquel que me dera.

Lugar mais hermoso
No mundo n’ hachara,
Qu’ aquel de Galicia,
Galicia encantada!

Galicia frorida,
Cal ela ningunha,
De froles cuberta,
Cuberta de espumas.

D’ espumas qu’ o mare
Con pelras gomita,
De froles que nacen
A ó pé das fontiñas.

De valles tan fondos,
Tan verdes, tan frescos,
Qu’ as penas se calman
No mais que con velos.

Qu’ os anxeles neles
Dormidos se quedan,
Xa en forma de pombas,
Xa en forma de niebras.

IV.

Cantart’ ei, Galicia,
Teus dulces cantares,
Qu’ asi mó pediron
Na veira do mare.

Cantar t’ ei, Galicia,
Na lengua gallega,
Consolo dos males,
Alivio das penas.

Mimosa, soave,
Sentida, queixosa,
Encanta si rie,
Conmove si chora.

Cal ela, ningunha
Tan dulce que cante,
Soidades amargas,
Sospiros amantes.

Misterios da tarde,
Murmuxos da noite:
Cantar t’ ei, Galicia,
Na veira das fontes.

Qu’ asi mó pediron,
Qu’ asi mó mandaron,
Que cant’ e que cante
Na lengua qu’ eu falo.

Qu’ asi mó mandaron,
Qu’ asi mó dixeron…
Xa canto, meniñas,
Coidá que comenzo.

Con dulce alegria,
Con brando compás.
O pé das ondiñas,
Que veñen e van.

Dios santo premita
Qu’ aquestes cantares,
D’ alivio vos sirvan
Nos vosos pesares.

De amabre consolo,
De soave contento,
Cal fartan de dichas
Compridos deseyos.

De noite, de dia,
N’ aurora, na sera,
Oiresme cantando
Por montes e veigas.

Quen queira me chame,
Quen queira m’ obrige,
Cantar, cantareille
De noit’ e de dia.

Por darlle contento,
Por darlle consolo,
Trocand’ en sonrisas
Queixiñas e choros.

Buscaime, rapazas,
Velliñas, mociños,
Buscaim’ antr’ os robres,
Buscaim’ antr’ os millos.

Nas portas dos ricos,
Nas portas dos probes,
Qu’ aquestes cantares
A todos responden.

A todos, qu’ á Virxen
Axuda pedin,
Por que vos console
No voso sufrir.

Nos vosos tormentos,
Nos vosos pesares.

Coidá que comenso…
¡Meniñas, Dios diante!

2

Nasin cand’ as prantas nasen,
No mes das froles nasin,
Nunh’ alborada mainíña,
Nunh’ alborada d’ abril.
Por eso me chaman Rosa
Mais á dó triste sorrir
Con espiñas para todos
Sin ningunha para tí.
Dés que te quixen, ingrato,
Tod’ acabou para min,
Qu’ eras tí para min todo
Miña groria e meu vivir.
De que pois te queixas, Mauro?
De que pois te queixas, di,
Cando sabes que morrera
Por te contemplar felis?
Duro crabo me encrabaches
Con ese teu maldesir,
Con ese teu pedir tolo
Que non sei que quer de min,
Pois dinche canto dar puden
Avariciosa de ti,
O meu corason che mando
C’ unha chave par’ ó abrir,
Nin eu teño mais que darche,
Nin ti mais que me pedir.

3

—Dios bendiga todo, nena;
Rapaza, Dios te bendiga,
Xa que te dou tan grasiosa,
Xa que te dou tan feitiña,
Qu’ anque andiven moitas terras,
Qu’ anque andiven moitas vilas,
Coma ti non vin ningunha
Tan redonda e tan bonita.
¡Ben haya quen te pariu!
iBen haya, amen, quen te cria!

—Dios vos garde, miña vella,
Gárdevos Santa Mariña,
Qu’ a bofé sós falangueira,
Falangueira e ben cumprida.

—Meniña, por ben falada
Ningunha se perderia,
Cóllens’ antr’ os paxariños
Aqueles que mellor trian,
Morre afogado antr’ as pallas
O pitiño que non chia.

—Pois si vos foras pitiño,
Dígovos miña velliña,
Que dese mal non morreras,
Que chiar ben chiarías.

—Ay! que si non de min fora
Miña filla, miña filIa!
Sin agarimo no mundo
Desde que nasin orfiña,
De port’ en porta pedindo
Tiben que pasar á vida.
E cand’ á vida se pasa
Cal vida de pelegrina,
Que busca pelegrinando
O pan de tódolos dias,
De cot’ en lares alleos,
De cot’ en estrañas vilas,
Hay que deprender estonces
Por no morrer coitadiña,
A ó pé d’ un valo tumbada,
E de todos esquencida,
O chio dos paxariños,
O recramo das pombiñas,
O ben falar que comprase
A humildá mansa qu’ obriga.

—Moito sabés, miña vella,
Moito de sabiduria!
¡Quen pudera correr mundo
Por ser como vos sabida!
Qu’ anque traballos se pasen
Aló pó las lonxes vilas,
Tamén ¡que cousas se saben!
Tamén ¡que cousas se miran!

—Mais val que nás mires nunca,
Qu’ estonces te perderías:
O qu’ ó sol mirar precura
Logo quedará sin vista!

—Dirés verdá, miña vella,
Mais craras as vosas niñas,
Emprestouvos hastr’ agora
Groriosa Santa Lucia.

—Moita devoçon lle teño
Miña santiña bendita!
Mais non sempr’ as niñas craras
Son proba de craras vistas.
Moitas eu vin com’ á augua
Que corr’ antr’ as penas frias
Gorgorexando de paso,
Sereniña, sereniña,
Qu’ antre tiniebras pousaban,
Qu’ antre tiniebras vivian,
Nas tiniebras d’ os pecados
Que son as mais escondidas.

—Si de pecados falades,
E pan qu’ onde queir’ espiga,
En tódalas partes crese,
En todas partes se cria,
Mais uns son cor de veneno,
Outros de sangre runxida,
Outros com’ á noite negros
Medran c’ as lurpias dañinas,
Qu’ os paren entr’ ouro e seda
Arrolados pó l’ envidia,
Mantidos pó la luxuria,
Mimados pó la cobiza.

—«Quen ven está, ven estea.»
Déixat’ estar, míña filla,
Nin precures correr mundo
Nin tampouco lonxes vilas,
Qu’ ó mundo dá malos pagos
A quen lle dá prendas finas,
E nas vilas mal fixeras
Qu’ á aqui facer non farias,
Qu’ anque ese pan valorento
En todas partes espiga,
Nunhas apoucado crese,
Noutras medra qu’ adimira.

—Falás com’ un abogado,
E calquera pensaria
Que deprendestes nos libros
Tan váreas palabrerias.
Todiñas tan ven faladas,
Todiñas tan entendidas:
E tal medo me puñeches
Que xa d’ aqui non sahira
Sin levar santos escritos
E medalliñas benditas
Nun lado do meu xustillo
Xunto d’ una negra figa,
Que me librasen das meigas
E mais dás lurpias dañinas.

—Que te libren de ti mesma,
Pidelle á Dios, rapariga,
Que somos nós para nós
As lurpias mais enemigas.
Mais xá ven á noite vindo
Co seu manto d’ estreliñas,
Xa recolleron ó gando
Que pastaba na curtiña,
Xa lonx’ as campanas tocan,
Tocan as Ave-Marias,
Cada conexo á ó seu tobo
Lixeiro, lixeiro tira,
Qu’ é mal compañeiro á noite
Si á compañeiro s’ obriga.
Mas ay! qu’ eu non teño tobo
Nin burata conocida,
Nin tellado que me cruba
Dos ventos da noite fria.
iQue vid’ á dos probes, nena!
Que vida, qu’ amarga vida!
Mais noso Señor foi probe,
¡Qu’ esto d’ alivio nos sirva!

—Amen, miña vella, amen;
Mais pó las almas benditas
Oxe dormirés n’ un leito
Feito de palliña triga,
Xunta do lar que vos quente
Cá borralliña encendida,
E comerés un caldiño
Con patacas e nabizas.

—Bendito sea Dios, bendito,
Bendit’ á Virxe Maria
Que con tanto ben m’ acode
Por unha man compasiva!
O Señor che dé fortuna
Con moitos anos de vida,
Volvansech’ as tellas d’ ouro,
As pedras de prata fina,
E cada gran seu diamante
Che se volva cada dia!
Y agora, miña rapaza,
Por qu’ un pouco t’ adivirtas
Bailando c’ as compañeiras
Que garulan ná cociña,
Eiche de contar historias,
Eiche de cantar copriñas,
Eíche de tocar as cunchas,
Miña carrapucheiriña.

4

Cantan os galos pr’ ó dia,
Erguete, meu ben, e vaite.
— Como m’ ei d’ ir queridiña,
Como m’ ei d’ ir e deixarte

—D’ eses teus olliños negros
Como doas relumbrantes,
Hastr’ as nosas maus unidas
As vagoas ardentes caen.
¿Como m’ ei d’ ir si te quero?
Como m’ ei d’ ir e deixarte,
Si cá lengua me desvotas
E có coraçon me atraes?
N’ un corruncho do teu leito
Cariñosa m’ abrigaches
Có teu manso caloriño
Os frios pés me quentastes;
E d’ aqui xuntos miramos
Por antr’ ó verde ramaxe,
Cal iba correndo á lua
Por enriba dos pinares.
¿Como queres que te deixe
Como que de ti m’ aparte,
Si mais qu’ á mel eres dulce
E mais qu’ as froles soave?

—Meiguiño, meiguiño meigo,
Meigo que me namoraste,
Baite d’ onda min meiguiño
Antes qu’ ó sol se levante.

—Ainda dorme, queridiña,
Antr’ as ondiñas do mare,
Dorme por que m’ acariñes
E por qu’ amante me chames,
Que sol’ onda tí, meniña,
Pódo contento folgare.

—Xa cantan os paxariños,
Erguete, meu ben, qu’ é tarde.

—Deixa que canten, Marica,
Marica deixa que canten…
Si tí sintes que me vaya,
Eu relouco por quedarme.

—Conmigo, meu queridiño,
Mitá dá noite pasaches.

—Mais en tanto ti dormias
Contenteime con mirarte,
Qu’ asi sorind’ entre soños
Coidaba qu’ eras un anxel,
E non con tanta pureza
O pé d’ un anxel velase.

—Asi te quero, meu ben,
Com’ un santo dos altares,
Mais fuxe… qu’ ó sol dourado
Por riba dos montes saye.

—Irey, mais dame un biquiño
Antes que de tí m’ aparte;
Qu’ eses labiños de rosa
Inda non sei como saben.

—Con mil amores chó dera,
Mais teño que confesarme,
E moita vergonza fora
Ter un pecado tan grande.

—Pois confesate, Marica,
Que cando casar nos casen,
Non ch’ an de valer, meniña,
Nin confesores nin frades.
Adios, cariña de rosa!

—Raparigo, Dios te garde!

 Vídeo, son, imaxes, +

Anxo Angueira explica a Alborada de Cantares gallegos
Actos do centenario do

Maria Lopez Sandez explica “Campanas de Bastavales”

Os nenos e nenas de 1º do Ceip A Pedra de Bueu recitan o poema de Rosalía de Castro “Adios ríos, adios fontes” para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.

IES Manuel García Barros. Poema: Este vaise, aquel vaise…

Airiños, airiños aires. Pucho Boedo

Amancio Prada: “Adiós ríos, adiós fontes”


Viewing all articles
Browse latest Browse all 2

Latest Images

Trending Articles


FELIPE MACHMAR [19.994]


Un cielo inalcanzable


YONNY RODRÍGUEZ [20.213]


2 cachas remix - various artist ( acapella original )


Respuesta de Darío en Recorrer dos filas de un excel con una condición con...


Nigga ''Flex'' - Te Quiero (Acapella + Instrumental) (Originales de Estudio)...


Tiburón Martillo


Crustáceo Cascarudo


Chibi Cell perfecto


Goku tamaño real